viernes, 14 de octubre de 2011

Manifestación

Hoxe, sorprendeume diante da aula escoitar a persoas manifestarse. Os típicos berros reivindicativos. Non sabía de que ía o tema, e sigo sen saber moi ben de que vai. Preguntei na aula e dixéronme que era unha manifestación contra os recortes no comedor e os autobuses do colexio de Sada. Busquei en Google pero non atopei nada, e tampouco nos periódicos. Sen moita máis información, un par de fotos do momento pasando por diante da Oficina da Xuventude. Manifestarse por manter e reclamar os nosos dereitos é un acto que todo cidadán debera facer.




2 comentarios:

  1. O MUNDO VAI PARA ADIANTE... VEXO BEN QUE HOUBESE UNHA MANIFESTACIÓN,EN SADA, (SEMPRE PACÍFICA, CLARO ESTÁ), -PARA QUE REMATEN A ESCOLA DE SADA/CONTORNOS, E TAMÉN QUE HAXA AUTOBUSES AS ESCOLAS DO MUNICIPIO, E TAMÉN CÓS MENIÑOS POIDAN TER COMEDOR, O MEDIODIA, --MOI IMPORTANTE -- SOBOR DE TODO, PARA OS PAIS E AS NAIS, QUE TRABALLAN.

    GÚSTOUME...Demostra interés po-los temas, dos nosos Cidadáns...DE SADA.

    ResponderEliminar